Electricidade. Circuítos básicos.
Circuíto en paralelo
É un circuíto no que os receptores conéctanse como
podes ver nas seguintes imaxes:
Fai clic para pechar os interruptores, fai dobre
clic para abrilos.


Son independentes?
Cando conectabamos os compoñentes en serie estes non se podían acender e apagar por separado, senón que funcionaban todos ao mesmo tempo, pero conectándoos en paralelo podes acendelos e apagalos de xeito independiente.
Resistencia e intensidade:
Conectando os compoñentes deste xeito non aumentamos a resistencia do circuíto, polo que a intensidade que circula por cada compoñente non varía. Todos os compoñentes funcionarán ben. Lembra que conectando varias lámpadas en serie viamos que aumentaba a resistencia, diminuía a intensidade, e alumeaban menos.
Fai clic para pechar os interruptores, fai dobre
clic para abrilos.
Observa no amperímetro a intensidade que circula
por cada lámpada
segundo a maneira de conectalas, en serie ou en paralelo.
O circuíto en paralelo ten un inconveniente: a pila gástase máis ca no circuíto serie.
Compoñente fundido
Se un dos compoñentes fúndese ou desconéctase, o resto segue funcionando.
Co rato: Fai clic para pechar os interruptores, e fai dobre
clic para abrilos. Co teclado: Selecciona a imaxe e preme calquera tecla.
