Electricidade. Circuítos básicos.
Curtocircuíto
Se nun circuíto non poñemos entre os terminais da pila ou batería ningún elemento que teña resistencia, hai moi pouca oposición ao paso de corrente e os electróns flúen moi facilmente. A intensidade é elevadísima. Estamos no caso dun curtocircuíto.
Ten coidado, polo tanto, de que os bornes das túas pilas non se
conecten directamente, pois se che gastarán moi pronto. Cando non
as uses protéxeas
cun envoltorio illante (papel, plástico, unha caixa, ...)
Coida ben de non facer curtocircuítos cando montes os teus circuítos eléctricos dos teus proxectos, pois os receptores non funcionarán. A electricidade sempre vai polo camiño que menos resistencia ten. Por exemplo, nos seguintes circuítos as lámpadas non funcionan porque a corrente eléctrica decide ir polo cable que non ten ningún receptor:
Fai clic para pechar os interruptores, fai dobre clic para
abrilos.
