O software é o conxunto de programas (conxunto de instruccións)
que poñen en funcionamento o ordenador, para que poida procesar
datos.
As instruccións dos programas escríbense mediante as linguaxes de programación. Algunhas linguaxes de programación son LOGO, C++, Pascal, Java, php, .... Son linguaxes de alto nivel que se teñen que traducir mediante compiladores ou intérpretes na linguaxe que ordenador entende: o código máquina.
O sistema operativo é o programa que ensina ao ordenador cómo debe realizar todas as funcións básicas, é o que controla toda a actividade do ordenador, dirixindo o tráfico de datos e instruccións entre as distintas partes do ordenador como, por exemplo, escribir caracteres na pantalla, imprimir, gravar información nun disco, etc.
Logo temos multitude de aplicacións ou programas específicos que podemos utilizar, como por exemplo un procesador de textos, unha base de datos, unha folla de cálculo, un programa de tratamento de imaxes, un programa de correo electrónico, un navegador para ir a internet, etc.