Nesta sección se introducen os conceptos básicos de sobre hardware e funcionamento dun ordenador. A finalidade é que o alumnado entenda que un ordenador é unha máquina que funciona en base a unha serie de principios eléctricos, electrónicos e mecánicos.
O nivel é inicial. Preséntanse contidos co nivel 1 e contidos co nivel 2. O profesorado debe decidir en qué curso pode impartir estes contidos.
Inclúense en cada sección unha serie de actividades no ordenador coas que se pretende que o alumnado repase os contidos tratados.
Estas actividades iranse ampliando.
Recoméndase utilizar como recurso adicional un ordenador vello para realizar prácticas de conexionado de hardware externo e interno da máquina.
Inclúense cuestionarios de navegación para cada sección para que o alumnado vaia contestando a diversas preguntas relacionadas cos contidos que aparecen en cada páxina a medida que as vai visitando.
Para calquera dúbida ou suxestión podedes escribirme un correo electrónico