ProgramandoA linguaxe que utiliza o ordenador chámaselle código máquina, isto é, unha sucesión de ceros e uns. Todo programa que se executa no ordenador debe estar no sistema binario.
Como sería moi difícil aprender a comunicarnos co ordenador na súa linguaxe, utilízanse outras linguaxes de programación, como C, Pascal, Java, php, Logo, etc.
Os compiladores e intérpretes traducen a nosa linguaxe de programación ao código máquina, para que o ordenador entenda as instruccións e datos que nós lle enviamos.
