A
información sobre a letra A témola gardada na porta I/O e o bus de control
envía a interrupción (IRQ).
A CPU atópase executando un programa, por exemplo un procesador de textos.
No momento en que o bus de control avisa á CPU de que hai unha nova información (envía unha interrupción), a CPU detense na execución do programa, e garda nun rexistro a posición na que se quedou dentro do proceso.
A CPU deixa o procesador de textos, e pasa a actuar sobre o Sistema Operativo.
- Averigua de onde vén a información. A interrupción xerouse cun 9 (00001001), polo tanto corresponde a unha información do teclado.
- Averigua de qué se trata tal información: executa unha rutina do sistema operativo encargada de ler a información que envía o teclado: O teclado enviou a información 01000001(=A).
- O sistema operativo indica ao programa que está nese momento activo que hai información procedente do teclado, e indícalle qué información é.
O traballo do sistema operativo respecto á letra A que tecleamos remata aquí.
A CPU volve á execución do programa no que estaba a traballar, e continúa executando as instruccións dende o sitio onde as deixou.