O tren de oito bits correspondente á letra A xa saíu do teclado a través dun cable conectado a un dos portos do ordenador. Este porto está conectado á placa base, que é onde se atopa a CPU, a circuitería de control, e onde están inseridas a memoria RAM, as tarxetas de rede, de vídeo, de son, etc.
Entre
a circuitería de control da placa base temos a chamada porta
I/O (porta de entrada/saída) na que cada dispositivo de
entrada ou saída ten asignado un rango de direccións,
ás da memoria.
No rango
de direccións correspondente ao teclado da porta I/O (controlador
do teclado) almacénase
a información
sobre a letra A (01000001).
Logo de introducir dita información xérase unha interrupción (IRQ) de xeito que se escribe un código determinado (o do teclado é o número 9= 00001001) que é transmitido á CPU a través do bus de control (circuíto interno que hai na placa base). Deste xeito avísase á CPU de que chega unha nova información.