Ao premer unha tecla, prememos unha membrana
que hai debaixo de todas as teclas, o que provoca variacións eléctricas.
O microprocesador e o circuíto de
control do teclado detectan este impulso e identifican a súa
posición.
![]() |
![]() |
| membrana | circuíto de control |

Esta información codifícase: Segundo o código ASCII, o código que lle corresponde á letra A é o 65, que se representa en binario por unha sucesión de ceros e uns: A = 65 = 01000001. Podes ver nesta páxina o código binario correspondente a outras letras.
O teclado almacena estes datos na súa memoria, e despois envía
este tren de 8 bits a través do cable serie que se conecta
nun porto
PS2 (o verde) que vai dar ao controlador de teclado que
hai na placa base.
O controlador do teclado é un circuíto integrado que se atopa na placa base e que se encarga de procesar todos os datos que veñen do teclado. Tes máis información na páxina seguinte.