Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Visualización en modo turbo

Se unha animación de Scratch é lenta e queremos observar axiña o resultado podemos botar man do modo turbo, que fai que as instrucións se executen rapidamente.

Para activar o modo turbo só hai que premer simultaneamente a tecla Shift ou maiúsculas e a bandeira verde. Para desactivalo hai que premer as mesmas teclas de novo.

Este modo de execución resulta interesante, por exemplo, para ver o resultado das animacións que fixemos na proposta didáctica de Fractais. Proba ver a curva de Hilbert sen modo turbo e con modo turbo. Hai diferenza, verdade?

[Scratch: Fractais 2: Curva de Hilbert]
Indica o número de iteracións para debuxares unha curva de Hilbert

14 Xullo 2014, por María L | 0 comments
Etiquetas: