Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Investigación matemática: espirais

Pode propoñerse traballos de investigación matemática cuio resultado vaia a ser un programa ou a modificación dun programa xa feito mellorándoo ou optimizándoo. Vexamos 2 posibilidades co mesmo programa:

  • investigación tipo caza do tesouro: o profesor aporta ligazóns (páxinas web, programas…) que conteñen información dun tema xa traballado en clase, para profundar nel. Despois de explicar as espirais de paso constante o traballo é entender as espirais de Fibonacci. Coa información atopada o alumnado terá que escribir un programa que debuxe espirais de Fibonacci. Podería aportarse como recurso un programa que debuxe circunferencias ou semicircunferencias.
  • mellora de código: unha vez explicada a espiral de Fibonacci en clase, pode collerse un programa que a debuxe e intentar modificar o código para que a debuxe mellor,a outro tamaño, con máis pasos…

20 Xuño 2014, por Daniel R.P. | 0 comments
Etiquetas: ,