Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Concurso de programación con Scratch

aprendoprogramandoO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, vén de convocar o concurso “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”, cuxo obxectivo é ofrecer ao profesorado e ao alumnado un estímulo para achegarse á programación da man da aplicación Scratch.

O concurso está deseñado para potenciar a participación de todos os centros de ensino de Galicia, se ben poderá participar calquera centro do Estado, e está destinado ao alumnado de 4º a 6º de Educación Primaria (Categoría I) e de 1º e 2º de ESO (Categoría II).

Xa está aberto o prazo de inscrición, así que animádevos, pois os premios van ser moi interesantes.

Na web http://aprendoprogramando.cpetig.org atoparedes toda a información relativa ao concurso, como as bases ou o formulario de inscrición.

28 Outubro 2014, por María L | 0 comments
Etiquetas: