Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Ada Lovelace

Hoxe 8 de Marzo parámonos un intre para coñecer a figura de Ada Lovelace,  a primeira persoa que introduciu o concepto de programación, por tanto, a primeira programadora da historia.

Ada Lovelace (filla do coñecido Lord Byron) era unha Ada Lovelacerapaza moi inqueda, polo que súa nai decidiu que recibise clases de matemáticas. Isto levouna a relacionarse con persoas como Charles Babbage que deseñou unha máquina analítica, precursora dos primeiros ordenadores e baseada no tear de Jaquard ). Ada  traduciu ao inglés un artigo sobre a máquina analítica de Babbage para a revista científica Scientific Memoirs, publicado en 1842. Cando llo comunicou a Babbage, este sorprendeuse de que ela mesma non tivera escrito o artigo orixinal, ao que ela replicou que nin se lle pasara pola cabeza (por aquela época as mulleres no adoitaban publicar artigos científicos). Babbage suxeriulle entón que agregase unhas notas ao artigo.

Esas notas chegaron a ser máis importantes que o propio artigo e é nelas onde aparecen as súas principais achegas:  explicou a esencia dos ordenadores modernos (ao conferirlle á máquina de Babbage unha entidade independente das máquinas de calcular), a xeneralización dos procesos que pode realizar a máquina (indicando que pode con todo o que se poida expresar mediante a lóxica matemática) e introduciu o concepto de programa informático (definindo os conceptos de subrutina e de bloques recursivos).

Existe unha linguaxe informática chamada ADA no seu nome desenvolvida entre 1977 e 1984. De aquí ao Scratch …un paso.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

8 Marzo 2016, por Peregrina Pintos | 0 comments
     

Gravar vídeos dos proxectos scratch

Este fin de ano Scratch ofrécenos unha nova funcionalidade: Gravar vídeos dos nosos proxectos. É unha opción moi interesante para os proxectos que non inclúan interactividade, como historias, animacións, videoclips musicais, etc., pois podemos obter vídeos que logo podemos compartir, subir a youtube ou converter nun gif animado.

Para gravar un vídeo tes que acceder á páxina de edición do teu proxecto e seleccionar Ficheiro -> “Record Project Video”. Despois sairá un menú onde podes seleccionar incluír o son do proxecto, que o recolla do micrófono ou que inclúa o punteiro do rato.

videoscratch1   videoscratch2

Este é un exemplo de vídeo gravado do proxecto “Polbo lanzapelotas” en Scratch:

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

27 Decembro 2015, por María L | 4 Comments
     

Concurso de programación con Scratch

Se estás a programar con Scratch, tes pensalo facelo ou aínda non deches o paso, unha boa idea é apuntarse ao concurso que organiza o equipo de Dr. Scratch da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid para estudantes de educación primaria e secundaria.

O obxectivo é estimular as actitudes científicas e tecnolóxicas a través da programación dun proxecto que explique, repase, ilustre ou utilice algún aspecto da ciencia ou da tecnoloxía.

Para participar debes seguir os seguintes pasos:

  • Paso 1: Realiza unha primeira versión do teu proxecto Scratch.
  • Paso 2: Rexístrate mediante este formulario e envía o teu proxecto antes do 19 de novembro.
  • Paso 3: Mellora o teu proxecto coa axuda de Dr. Scratch.

Podes gañar un kit de Lego WeDo ou un MakeyMakey, e a organización achegará unha axuda para a viaxe á entrega de premios para os galardoados que vivan fóra de Madrid.

Tedes máis información na web de Dr. Scratch Contest!

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

28 Outubro 2015, por María L | 0 comments