Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Scratch Day na Coruña

scratchdaylogoO vindeiro sábado 7 de maio a Facultade de Informática da Coruña acollerá o Scratch Day, unha xornada organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG)  para difundir os valores da programación informática de forma lúdica e divertida.

Durante a xornada celebraranse talleres gratuítos de niveis básico e avanzado de Scratch orientados a nenas e nenos de entre 10 e 14 anos acompañados dun adulto, que terán a oportunidade, entre outras moitas actividades, de poder desenvolver o seu videoxogo.

Programa:

  • 9:30 – Benvida aos participantes.
  • De 10:00 a 10:30 – Presentacións e demostracións
  • De 10:30 e 13:30 – Obradoiros de programación en Scratch (inciciación e avanzado)
  • 14:00 – presentación dos proxectos.

Inscrición:

As persoas interesadas en acudir deberán inscribirse a través desta web

Animádevos!

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

5 Maio 2016, por María L | 0 comments
     

Ada Lovelace

Hoxe 8 de Marzo parámonos un intre para coñecer a figura de Ada Lovelace,  a primeira persoa que introduciu o concepto de programación, por tanto, a primeira programadora da historia.

Ada Lovelace (filla do coñecido Lord Byron) era unha Ada Lovelacerapaza moi inqueda, polo que súa nai decidiu que recibise clases de matemáticas. Isto levouna a relacionarse con persoas como Charles Babbage que deseñou unha máquina analítica, precursora dos primeiros ordenadores e baseada no tear de Jaquard ). Ada  traduciu ao inglés un artigo sobre a máquina analítica de Babbage para a revista científica Scientific Memoirs, publicado en 1842. Cando llo comunicou a Babbage, este sorprendeuse de que ela mesma non tivera escrito o artigo orixinal, ao que ela replicou que nin se lle pasara pola cabeza (por aquela época as mulleres no adoitaban publicar artigos científicos). Babbage suxeriulle entón que agregase unhas notas ao artigo.

Esas notas chegaron a ser máis importantes que o propio artigo e é nelas onde aparecen as súas principais achegas:  explicou a esencia dos ordenadores modernos (ao conferirlle á máquina de Babbage unha entidade independente das máquinas de calcular), a xeneralización dos procesos que pode realizar a máquina (indicando que pode con todo o que se poida expresar mediante a lóxica matemática) e introduciu o concepto de programa informático (definindo os conceptos de subrutina e de bloques recursivos).

Existe unha linguaxe informática chamada ADA no seu nome desenvolvida entre 1977 e 1984. De aquí ao Scratch …un paso.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

8 Marzo 2016, por Peregrina Pintos | 0 comments