Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Ideas para xogos

Polo de agora vimos algúns exemplos de videoxogos en Scratch máis ou menos rematados, pero pódense facer moitos máis. Engadimos nesta listaxe unha serie de ideas que podes levar a cabo:

  • Crea un xogo de plataformas no que a personaxe protagonista deba ir superando pantallas para seguir xogando. Controla o ritmo do xogo para facelo máis emocionante.
  • Igual que nos concursos da tele, podemos facer un xogo de preguntas e respostas no que lle tocará responder a pregunta ao xogador ou xogadora que antes prema unha tecla, o cal se sinala mediante unha luz acesa no seu sitio. Se non atina, rebote!
  • Se na túa casa hai un bebé podes programar un xogo para el. Por exemplo, cada vez que toca un animal, escóitase o seu nome e despois móvese e emite o seu son característico.
  • Podes programar o clásico xogo “Simón“. O xogo de forma aleatoria vai iluminando cuadrantes de cores e á vez que se ilumina cada cuadrante emite un son propio. Despois de esperar, o usuario debe ir introducindo a secuencia mostrada na orde correcta. Se o consegue, este responderá cunha secuencia máis longa, e así sucesivamente. Se falla, o usuario debe volver empezar.
  • Pasapalabra: Cada xogador ou xogadora tentará acertar o máximo número de palabras dun total de 25 que hai nunha roda.
  • Crea un xogo de aventuras no que se desenvolva unha historia. O xogador ou xogadora deberá ir atopando pistas que descubrirán misterios, ou contestando preguntas que fagan avanzar no xogo, ata chegar ao fin da mesma.
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


Etiquetas: | 2 Xuño 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.