Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Clonar obxectos

Problema:

Se necesitamos no escenario moitos obxectos iguais podemos botar man da clonación, e así evitamos ter que multiplicar obxectos e código, o cal resultaría moi laborioso.

Para iso imos introducir dous novos e moi interesantes bloques relacionados coa creación de copias dun obxecto: “crear clon” e “cando comece como clon“, que se atopan no apartado de “control

Por exemplo, queremos que cada vez que premamos nun polbo apareza un clon que se mova nunha dirección aleatoria.

Posible solución:

[Scratch: Clonar]
Preme no polbo para faceres un clon

Código do polbo:

Cada vez que prememos no polbo créase un clon. Cando comeza como clon apunta a unha dirección aleatoria e móvese indefinidamente.

Propostas:

  • Engade efectos sonoros e visuais. Por exemplo, engade un son cada vez que aparece un clon, e que este sexa dunha cor diferente.
  • Fai o programa ao revés: Cando prememos na tecla espazo aparece un clon, e cada vez que facemos clic nun clon borrámolo.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


31 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.