Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Polbo invaders

Reto:

Queremos simular ao noso xeito o clásico xogo do Space Invaders. A ver o que sae!

invaders-polbopresA ría de Vigo está a ser invadida por un rexemento de polbos mutantes tremendamente comellóns que queren acabar con todos os crustáceos. Unha nécora arrichada enfróntase a eles guindando pedras, pero os polbos tamén lanzan coas súas armas… Logrará acabar con todos?

Unha chea de polbos… como facemos?

Para facermos este xogo necesitamos unha chea de polbos que se van achegando ata a intrépida nécora. O código que vai ter cada polbo será sempre o mesmo, agás a posición inicial da que parte. Para programalo temos dúas opcións:

1. Multiplicamos os polbos… e o código!

Programamos o comportamento dun polbo e despois multiplicamos o sprite tantas veces como polbos queiramos que haxa, modificando unicamente a posición inicial. O problema que ten facer este xogo así é que se queremos modificar o código dos polbos debemos facer as modificacións en todos e cada un dos sprites, resultando moi tedioso. Este xogo está programado así:

[Scratch: Polbo invaders attack]
Movemento da nécora: coas frechas do teclado. Disparos: espazo

Código: Podes ver o código no propio proxecto

2. Clonamos os polbos:

Se utilizamos clons, chega con facer un só programa para o comportamento dos polbos e simplifícase moito. Imos utilizar, polo tanto, este programa para facer as melloras.

[Scratch: Polbo invaders attack (clons)]
Movemento da nécora: coas frechas do teclado. Disparos: espazo

Código: Podes ver o código no propio proxecto

Propostas:

  • Engade efectos sonoros e visuais.
  • Engade varios niveis. Conforme se avanza de nivel, os polbos mutantes móvense máis rápido e lanzan máis pedras.
  • Como agora se fai máis difícil, engade tres vidas para a nécora. Podes amosar unha variable “vidas” ou amosar 3 pequenas iconas de nécoras, que van desaparecendo a medida que se van perdendo vidas.
  • Queremos que cada certo tempo un polbo saia da súa ringleira e se dirixa cara á nécora. Como o farías?

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


Etiquetas: | 29 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.