Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Berra! … Máis alto!

Reto:

Scratch 2.0 permite detectar a intensidade do son procedente do micrófono e utilizalo para os nosos proxectos. Imos propor algúns, pero antes mira estes exemplos de como podemos utilizar o sensor de intensidade do son e fai as melloras que indicamos (ou as que ti creas oportunas).

Asustando os peixes:

[Scratch: Asustando os peixes]
Os peixes están nadando tranquilamente. En canto escoitan un son moi forte escapan. (Usa o micrófono)

Código dos peixes:

Propostas:

  • Fai que pasado un tempo de silencio os peixes volvan de novo a nadar.
  • Fai que os peixes se movan unha velocidade que depende do son que escoiten. Se o son é baixo moveranse amodiño, e a medida que a intensidade do son aumenta a súa velocidade tamén o fará.

Sen osíxeno!

[Scratch: Sen osíxeno]
Un mergullador dáse de conta de que non lle queda osíxeno abondo para seguir no fondo do mar, pero tampouco lle quedan forzas para subir á superficie. Axuda o mergullador a subir berrando no micrófono.

Código do mergullador:

sen_osixeno

Propostas:

  • Aumenta o umbral da intensidade de son e establece un tempo mínimo no que o mergullador debe subir. Se non logra subir nese tempo o bucio afoga (cae ao fondo do mar e vai desaparecendo), e se o logra, cambia de escenario e marcha de festa.

Outras propostas:

  • Fai un programa que nos avise cando o son da clase é demasiado elevado. Cando o son é baixo acéndese unha lámpada verde, cando é moderado amarela, e cando é excesivo acéndese unha vermella. Que valores debes tomar?
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


28 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.