Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Cambiar o fondo do escenario

Problema:

Para contar unha historia podemos precisar que mude a imaxe do escenario. Por exemplo, un polbo que foi pescado aproveita o despiste do mariñeiro para escapar e volver á auga. No inicio está no peirao, e deseguido atoparase no fondo do mar.

[Scratch: O polbo fuxitivo]
Un polbo foi pescado, pero aproveitará o despiste do mariñeiro para escapar e volver á auga. 

Proposta de solución:

Para cambiar de fondo engadimos o código do programa no propio escenario. No inicio mostraremos o fondo do peirao coas ameixas, e agardaremos a recibir do polbo a mensaxe “Chof” para cambiar ao fondo do mar.

escapando-escenario   escapando-polbo

Propostas:

  • Fai unha historia na que se inclúan 3 fondos diferentes.
  • Fai unha animación das estacións do ano. Por exemplo, ao facer clic en “primavera” aparece un fondo dun campo con flores, ao facer clic en “verán” aparece un fondo con sol e calor, etc.
  • Simula o día e a noite nunha animación. Deberá verse un fondo diferente segundo a hora do día na que esteamos, observándose o abrente, o mediodía, o solpor e a noite.
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


28 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.