Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Dado dixital

Reto:

Pode ser que en casos determinados necesitemos que se tome un valor ao chou, e que algún feito suceda en función do valor desa variable.

Número ao chou

Queremos que o polbo se mova un número de pasos determinado por unha variable que toma un valor ao chou. Mira o código deste programa:

[Scratch: Dado dixital 0]
Preme no espazo para lanzar o dado e que o polbo poida moverse

Código do polbo:

dado0

Propostas:

  • Establece un efecto diferente para cada valor do dado. Por exemplo, cando sae 1 salta, cando sae 2 cambia de cor, etc.

 

Lanzar un dado

Por exemplo, podemos crear un xogo no que o movemento dos personaxes dependa do resultado de lanzar un dado. Imos construír ese dado. Para facelo buscamos un sprite que teña tantos disfraces como números e asignamos un disfrace a cada valor da variable. Aquí tes unha posible solución:

[Scratch: Dado dixital 1]
Preme no dado para lanzalo e que o polbo se poida mover.

Propostas:

  • No programa anterior o polbo rebota cando toca unha beira e camiña indefinidamente. Fai que a marxe dereita funcione como meta e o programa termine ao chegar a ela.
  • Fai que o polbo teña 10 tiros do dado para chegar á meta. Se non chega con 10 tiros perde a partida, e se chega gaña.

 

Carreira de polbos

Proposta:

Tes que facer unha carreira de polbos. En cada quenda tócalle a un dos polbos tirar o dado e moverse un número de pasos determinado polo resultado. Gaña o polbo que chegue antes á meta (marxe dereita do escenario).

Para facelo podes duplicar o sprite do dado e utilizar un para cada polbo ou utilizar un único dado para os dous polbos.

Utiliza como base o seguinte escenario dándolle a “mesturar”.

[Scratch: Dado dixital. Carreira de polbos]

Posible solución (mellorable)

Aquí podes ver unha posible solución. Non a mires ata que teñas a túa propia, pois o máis probable é que atopes unha solución mellor ca esta.

[Scratch: Dado dixital. Carreira de polbos (Solución)]

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


23 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.