Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Variables e bloques

Variables:

As variables son elementos que non teñen un valor fixo. En realidade o Scratch xa ten algunhas variables definidas que usamos en titoriais anteriores  como son:

resposta é a variable que recolle a resposta que nós lle damos ao ordenador. Xa o traballamos no titorial  corrixir as respostas.

variables rato x e rato yson as variables que recollen as coordenadas do rato en calquera momento. Empregámola para facer remuíños interactivos

variable nome de usuarioé unha variable que almacena o nome da persoa que está rexistrada en Scratch, que empregamos para saudar ás xogadoras ou xogadores.

Imos estudar outras variables definidas por Scratch e tamén imos estudar como definir unha nova variable no bloque de datos.

variables

Listas:

Cando necesitamos almacenar moitos valores, no canto de crear variables independentes o que podemos facer é crear listaxes que conteñan todas esas variables que desexo definir e almacenar.

Nesta sección veremos algúns exemplos de utilización.

listas

Bloques:

Scratch permite definir subrutinas, ou pequenos programas que poderemos inserir despois no programa principal simplemente con chamalos.

Nesta sección presentamos algúns exemplos de utilización destes bloques

bloques

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


8 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.