Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Moverse coas frechas do teclado

Problema:

Para facer un xogo é esencial que poidas manexar o teu obxecto coas teclas frecha arriba, abaixo, dereita e esquerda. Fai un programa que mova o polbo deste xeito.

[Scratch: Moverse coas frechas do teclado]
A nécora móvese cara arriba, abaixo, dereita e esquerda. Se o teu obxecto está boca abaixo podes cambiar o seu estilo de rotación.

Proposta de solución:

Velaí o código para que se mova:

código para moverse coas frechas

Con este código estamos dicíndolle ao noso obxecto que rote, por tanto debemos fixarnos nos diversos estilos de rotación que aparecen definidos para cada obxecto. Podemos atopalos se prememos o botón de información do panel de obxectos :

obxecto nécora

Cando premas nel, verás o seguinte menú:

propiedades do obxecto nécora

Proba a modificar o estilo de rotación e verás como funciona.

Como ves neste menú, tamén podes definir a dirección de saída do teu obxecto. Se premes amosar, o obxecto será visible ao principio; se premes en pode ser arrastrado, o obxecto poderá ser movido de lugar por calquera xogador, premendo nel e arrastrándoo, tal e como fas ti cando o editas.

Exercicios complementarios:

  • Modifica a velocidade (cambiando o número de pasos) e modifica tamén o estilo de rotación.
  • Como farías para que  ao mesmo tempo que avanza vaia cambiando de disfrace e simule estar movendo as patas?

 

Créditos:

Baseado nas Scratch Cards

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


8 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.