Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

A reprodución dos polbos

Reto:

Imos simular a reprodución dos polbos mediante clonación.

A reprodución dos polbos I

Xuntamos un polbo macho e un polbo femia e, automaticamente, reprodúcense tendo a metade dos polbos machos e a metade femias.

[Scratch: A reprodución dos polbos en catividade]

Código dos polbos:

Para resolver este problema teremos primeiro que animar os polbos a que se acheguen. Despois crearemos un clon, que é unha copia exacta do obxecto, que nós facemos aparecer cada 1.5 segundos.

a-reprodución-dos-polbos3-a    a-reprodución-do-polbo5-a

Como queremos que as copias sexan pequerrechiñas para pareceren bebés e que todas saian da nai, teremos que facer un bloque de programas xusto para os clons. Nós dicimos que cando comecen como clons deben cambiar de tamaño e dirixirse pouco a pouco cara ao fondo.

Cos polbos femia faríase así:

a reprodución dos polbos2

codigo do comportamento dos clons

Cos polbos machos só teremos que ter en conta, ademais, que hai que desprazalos canda súa nai:

a reprodución dos polbos1 Codigo do comportamento dun clon

Propostas:

  •  Engade uns corazóns que  saian do medio dos polbos e  se afasten cara arriba. Terás que crear un novo obxecto corazón que estea invisible ao principio e despois teña clons que apunten cara arriba e se movan.
  • Fai que os polbos bebé vaian medrando co paso do tempo, ata alcanzaren o tamaño da nai ou do pai.

 

A reprodución dos polbos II

Agora imos facer que os polbos se movan aleatoriamente por un escenario, reproducíndose cando se atopan.

[Scratch: A reprodución dos polbos II]

Código do polbo macho (O da femia é similar)

reproducion1

Este programa hai que melloralo, xa que se reproducen sempre que chocan, incluso cando o polbo co que choca é aínda un bebé.

Propostas:

  • Engadir que poidamos borrar polbos facendo clic neles.
  • Evitar que un polbo se reproduza cando choca contra un bebé. Pista: Podes crear un disfrace novo para cando o polbo aínda non é adulto dunha cor determinada que poidamos detectar.
  • Que non se reproduzan sempre que chocan, senón só nalgúns casos. Por exemplo, que cada polbo teña unha probabilidade do 25% de se reproducir en cada choque.
  • Facer un reconto de machos e de femias.
  • Poñer un límite á reprodución dos polbos. Por exemplo, que cando o total supere os 30 polbos xa non se reproduzan máis.

Posible solución:

Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.

[Scratch: A reprodución dos polbos II (Solución)]

A reprodución dos polbos na realidade

Investiga como se reproducen os polbos e adapta o teu programa para que se asemelle máis á realidade.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


15 Maio 2014, por Peregrina Pintos      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.