Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Polbo-Pong

Reto:

Imos programar agora o clásico xogo do Pong. Dous polbos sitúanse cada un no seu lado do escenario. A pelota, inicialmente situada no centro, desprazarase dun lado a outro, con ángulos variables. Cada vez que un polbo deixa escapar a pelota o outro polbo gañará un punto. Gañará o polbo que antes alcance 5 puntos.

Movemento dos polbos:

  • Polbo azul: Teclas W e S
  • Polbo marrón: Teclas P e L

[Scratch: Xogo: Polbo-Pong]

Código dos polbos:

Poñemos a posición inicial e definimos con que teclas queremos mover cada un.

pong-polbos

Código da pelota:

pong-pelota

Posibles melloras:

  • Podes introducir uns efectos de son que se reproduzan cada vez que a pelota rebota nun polbo e para cando se perde.
  • No inicio podes introducir unha pantalla coas instrucións. Comezará o xogo cando premamos, por exemplo, a tecla espazo. Nese intre mudará o fondo do escenario e poderemos xogar.

Os xogadores e xogadoras deciden:

Podemos facer que sexa o propio usuario ou usuaria quen decida con cantos puntos quere que o xogo remate. Tamén podería elixir a velocidade da pelota (lenta ou rápida)

Pista:

No comezo do xogo pregunta cal é o número máximo de puntos para gañar e se desexan que o movemento sexa lento ou rápido. As respostas introduciranse en variables e o programa funcionará segundo estes datos.

Posible solución:

Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.

[Scratch: Xogo: Polbo-Pong 2 ]

Xogar contra o ordenador:

Pode suceder que a persoa que accede ao xogo non teña ninguén que a acompañe, polo que non podería xogar, así que estaría ben ofrecerlle a posibilidade de xogar contra o ordenador.

Pista:

No comezo do xogo pregunta o número de xogadores (1 ou 2). Se a elección é 1, faremos que o segundo polbo se mova automaticamente segundo a posición da pelota, e sempre que esta se atope no seu lado do escenario.

Posible solución:

Intenta facer ti o programa antes de veres o código desta solución, pois seguramente atoparás unha mellor forma de facelo.

[Scratch: Xogo: Polbo-Pong 3]

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


Etiquetas: | 14 Maio 2014, por María L      

2 Comments

  1. martin soy el profe que andas a facer

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.