Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Ñam Ñam

Reto:

Imos deseñar un xogo no que un polbo vai medrando conforme vai comendo os crustáceos que ten arredor. Os crustáceos moveranse de xeito aleatorio polo escenario e desaparecerán cando o polbo os coma. O polbo moverase guiado polo punteiro do rato.

[Scratch: Xogo Ñam Ñam]

Para facermos este programa debemos sincronizar o que lles sucede ao polbo e ao crustáceo cando o primeiro come o segundo. Para iso utilizamos os eventos mensaxes. Os crustáceos avisarán o polbo cando son comidos para que este medre (mensaxe “ñam”) e o polbo avisará os crustáceos de que xa comeu suficiente para que non aparezan máis (mensaxe “Fin”).

Programa do crustáceo:

Programa do polbo:

Melloramos:

  • Os crustáceos son comidos cando tocan calquera parte do polbo. Como farías para que só sexan comidos cando tocan a boca, situada debaixo dos ollos?
  • Neste programa os crustáceos aparecen nunha posición aleatoria e, dáse o caso de que poden aparecer xusto na posición na que está o polbo, coméndoos instantaneamente. Como farías para que os crustáceos aparezan a unha distancia mínima do polbo?
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


Etiquetas: | 13 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.