Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Facer morrer o teu obxecto

Problema:

Para facer un videoxogo terei que aprender a “matar” os inimigos. Para iso podo simplemente agochalos co bloque agochar.

Pero eu o que quero facer é unha morte un pouco máis espectacular, dividíndose en anaquiños, perdendo cor…, como a que amosamos:

[Scratch: Facer morrer o teu obxecto]
Nesta animación o polbo semella estoupar e desaparece.

Proposta de solución:

O que imos empregar é un novo bloque bloque repetir que faga repetir, as veces que eu escolla, as instrucións que leve dentro. Finalmente agocharemos o obxecto para que desapareza.

instrucións para facer morrer a un obxecto

Exercicios complementarios:

  •  Para lle dares unha morte máis fantasiosa, proba a cambiar o número do mosaico ou a introducir varios efectos máis, como o cambio de cor, remuíño, etc.

 

Créditos:

Baseado en Scratch Programming in Easy Steps.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


13 Maio 2014, por Peregrina Pintos      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.