Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Saudar unha persoa polo seu nome

Problema:

Deseñar un programa que saúde as persoas polo seu nome, primeiro preguntándolle o nome para despois saudalas:

[Scratch: Saudar unha persoa polo seu nome]

Proposta de solución:

Empregaremos o bloque preguntar como te chamas, que está no menú de sensores, porque vai detectar a resposta e almacenala no bloque resposta. A maiores, este bloque ten un cadriño para faceres clic. Se o fas, a resposta estará sempre visible na pantalla.

Exercicios complementarios:

  • Este problema só é para quen use a versión “online” de Scratch.

Gustaríame poder saudar a  todas  as persoas que teñan conta en Scratch polo seu nome cando proben os meus xogos. Se tes conta, accede a ela e despois proba como te saudamos nós.

[Scratch: Saudar un xogador co seu nome de usuario]

Proposta de solución:

Para resolvermos este problema temos que empregar outro sensor diferente que detecte quen é a persoa que está xogando rexistrada.

Para poder dicir dúas cousas a un tempo  (o nome do usuario e mais un saúdo) teño que empregar  a orde “xuntar” que está no bloque de bloque operadores.

saudar a un xogador polo seu nome

Créditos:

Baseado en  Scratch Programming in Easy Steps   e en Scratch Cards

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


13 Maio 2014, por Peregrina Pintos      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.