Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Engadir un botón sorpresa

Problema:

Queremos deseñar un xogo no que cando premes enriba dun obxecto este cambie de cor e soe.

[Scratch: Facer un botón sorpresa]
Cando premes na nécora esta emite un son e cambia de cor.

Proposta de solución:

Velaí o código para que cambie de cor e soe:

código do botón sorpresa

Lembra engadir o bloque agardar, para darlles tempo aos ollos a notar o cambio de cor.  Para escoller un son para a nécora terás que ir á biblioteca de sons como explicamos na páxina de facer bailar un obxecto

Exercicios complementarios:

  • Crea un escenario cheo de diferentes obxectos e fai que cada un deles soe diferente, emita son, cambie de disfrace… Emprega a túa imaxinación para tratares de sorprender os teus compañeiros e compañeiras.

 

Créditos:

Baseado nas Scratch Cards

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


13 Maio 2014, por Peregrina Pintos      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.