Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Facer que un obxecto fale

Problema:

Deseña un programa para que cando premas na estrela esta fale.

[Scratch: Facer que un obxecto fale]
Preme na estrela para que fale. Que lle contesta o polbo?

Proposta de solución:

A solución básica sería:

Código para facer que un obxecto fale

Se queres que a mensaxe non desapareza escolle a opción bloque dicir.

Exercicios complementarios:

  • Que lle podería contestar o polbo?
  • Simula unha conversa (pode ser un chiste escenificado), que empece cando premes na bandeira verde. Primeiro falará un obxecto e despois outro terá que responderlle, e deseguido o primeiro rematará a conversa.
  • Podes facer ademais que os teus obxectos movan os beizos cando falen?

 

 

Créditos:

Baseado nas Scratch Cards

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


12 Maio 2014, por Peregrina Pintos      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.