Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Escorregar polo escenario

Problema:

Deseñar un programa no que un obxecto escorregue suavemente pola pantalla, facendo un percorrido.

[Scratch: Escorregar polo escenario]

Proposta de solución:

Cando pensamos en movemento o primeiro que nos vén á cabeza é empregar o bloque “mover  un número de pasos”. O problema é que con ese sistema non podemos regular a velocidade de movemento. Se queremos que o noso obxecto se mova máis ou menos lento teremos que  empregar o bloque bloque moverse en segundos ata coordenadas. Con este bloque, se variamos o tempo que se está a mover, variaremos a súa velocidade.

Truco:

Para saber as coordenadas dun punto sitúa o punteiro do rato nese punto e  mira as coordenadas:

averiguar as coordenadas

Cómpre lembrar que as coordenadas x e y na pantalla de Scratch, varían conforme o seguinte modelo, onde a coordenada (0,0) está no centro da pantalla e o máximo valor das coordenadas é 240 para x e 180 para y.

Eixos de coordenadas na pantalla de Scratch

Exercicios complementarios:

  • Crea tres  obxectos que realicen o mesmo baile pero a diferentes velocidades.

 

Créditos:

Baseado nas Scratch Cards

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


12 Maio 2014, por Peregrina Pintos      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.