Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Cambiar de cor

Problema:

Deseñar un programa no que un obxecto cambie de cor cando se preme a barra do espazo.

[Scratch: Cambiar de cor]
O polbo cambia de cor cando premes na barra do espazo

Proposta de solución:

CAMBIAR COR

Exercicios complementarios:

  • Engade un novo obxecto e proba a cambiar o valor de cor (en vez de 25 proba primeiro con 10 e despois con 50 para observar a diferenza).
  • Engade outro obxecto e  cambia o efecto cor por outro dos efectos (ollo de peixe, remuíño, pixelar, etc.). Próbaos con diferentes obxectos.

 

 

Créditos:

Baseado nas Scratch Cards

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


8 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.