Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Actividades interactivas: Carreira de polbos

Ao fío da páxina anterior sobre actividades interactivas que pode crear o profesorado, imos propoñer un novo modelo de actividade consistente nunha carreira de polbos. Cada polbo asígnaselle a un xogador ou xogadora, que deberá atinar as respostas dunhas preguntas elixidas ao chou para que o seu polbo avance e alcance a meta antes có outro.

As preguntas que podemos realizar poden ser de calquera tipo. Aquí imos poñer uns exemplos de matemáticas e lingua galega que poden resultar de utilidade para que o profesorado de calquera materia poida adaptalos ao que sexa do seu interese.

Podes ver o código explicado accedendo a cada un dos proxectos. Proba mesturalos e facer as túas versións dos xogos.

Carreiras matemáticas

Táboa de multiplicar

[Scratch: Carreira de polbos. Táboa de multiplicar.]
En cada quenda tócalle a un dos polbos atinar a solución da multiplicación marcada pola dorna. Gaña o polbo que chegue antes á meta (marxe dereita do escenario)

Ecuacións

[Scratch: Carreira de polbos. Ecuacións.]
En cada quenda tócalle a un dos polbos atinar a solución da ecuación marcada pola dorna. Gaña o polbo que chegue antes á meta (marxe dereita do escenario)

Lei de Ohm

Esta é unha versión realizada a partir do xogo anterior. Substituímos a ecuación pola Lei de Ohm, elixindo ao chou a magnitude a calcular en cada quenda (V, I ou R)

[Scratch: Carreira de polbos. Lei de Ohm]
En cada quenda tócalle a un dos polbos atinar a solución da ecuación marcada pola dorna. Gaña o polbo que chegue antes á meta (marxe dereita do escenario)

Correlingua

O xénero

[Scratch: Carreira de polbos. Masculina ou feminina?]
En cada quenda tócalle a un dos polbos dicir se a palabra marcada pola dorna é masculina ou feminina, indicando o artigo que habería que poñer diante: “o” ou “a”. Gaña o polbo que chegue antes á meta (marxe dereita do escenario)

Ditado

Adaptamos o ditado atopado no proxecto de Scratch “Un ditado” de  xanocebreiro

[Scratch: Carreira de polbos. Ditado.]
Acende os altofalantes ou auriculares! En cada quenda tócalle a un dos polbos escribir ben a palabra que soa desde a dorna. Gaña o polbo que chegue antes á meta (marxe dereita do escenario)

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.