Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Frío, frío

Reto:

Imos realizar un pequeno xogo para aprender a programar. Mestura a animación que tes a continuación e convértea no famoso xogo de busca dun tesouro no que se premes nalgún obxecto ten que dicirche se o tesouro está lonxe ou preto (frío, quente e morno).

[Scratch: Frío,frío]

Sigamos unha serie de pasos para aprender a programalo:

1.- Agocha un tesouro nalgún dos obxectos: para iso terás que engadir un disfrace novo a algún dos obxectos. Unha vez que o teñas engadido terás que programar o obxecto para que cando  premas enriba cambie a ese disfrace, emita son e te felicite.

2. Programa o resto dos obxectos para que che indiquen se está cerca ou lonxe.

3. Ata aquí o xogo básico, agora toca melloralo:

4. Para seres Kraken :

  • Fai que cada vez que empece o xogo o tesouro se agoche nun boneco diferente elixido ao chou. Os obxectos que non teñen o tesouro deben indicar automaticamente quente, morno ou frío segundo a súa distancia ao tesouro.
  • Engade un tesouro velenoso. Se o atopas réstanse uns fragmentos de segundo ao contador e tes menos tempo para atopar o tesouro.

Posibles solucións:

Deixámosvos dúas posibles solucións (non as consultedes antes de tempo):

  1. Primeira solución: é a máis sinxela.
  2. Segunda solución: Nela o tesouro agóchase nun animal diferente cada vez que iniciamos o xogo.

O xogo

Aquí tedes o xogo máis ou menos rematado. Só é unha solución posible, pois caben moitas outras.

[Scratch: Frío, frío – Solución 0]
Cada vez que prememos na bandeira verde ou no botón “Buscar” o tesouro agóchase detrás dun dos obxectos elixido ao chou. O resto de obxectos indican automaticamente se están lonxe ou preto do tesouro (frío, morno e quente) cada vez que prememos neles.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


29 Xuño 2014, por Peregrina Pintos      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.