Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Labirinto petroglífico

Un dos maiores aportes da informática coma ferramenta é a posibilidade que aporta para desenvolver traballos interdisciplinarios.

Nunha asignatura ou en varias poden traballarse e desenvolverse conceptos ou información, e coa ferramenta informática o alumnado traballa e presenta a información, usa os conceptos, utiliza significativamente a súa aprendizaxe para desenvolver tarefas cognitivamente esixentes…

Neste exemplo, nunha clase de Ciencias Sociais ou de Coñecemento do medio traballouse o tema dos petroglifos (dende aquí recomendamos a todo o profesorado unha visita co seu alumnado a Campo Lameiro) e xurdiu na clase a inquendanza por saber como poderían debuxar os labirintos unidireccionais. Falaron co profesorado de Matemáticas ou de Plástica e atoparon información sobre un sinxelo algoritmo para desenvolver labirintos unidireccionais de calquera tamaño. Entre o profesorado de ambas materias desenvolveron un programa de Scratch para explicar os pasos nun labirinto petroglífico, que podería ser un coma este:

Unha vez vista a presentación, o alumnado tiña que debuxar o seu propio labirinto unidireccional nas paredes do patio do centro: un do mesmo tamaño (retícula de 5×5 puntos) e outro de tamaño superior.

Se o alumnado do curso xa traballou co Scratch a certo nivel, outra tarefa podería ser desenvolver un programa con labirintos:

  • debuxar un labirinto petroglífico de certo tamaño (con estrutura de programación iterativa) ou de calquera tamaño (usando variables)
  • facer un xogo onde percorramos o a labirinto nun certo tempo
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.