Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Avaliar tarefas pechadas

Avaliar unha tarefa pechada (exercicio) ou un subprograma

Na páxina de Ferramentas propoñemos diversas ferramentas, pensadas para a avaliación de programas ou procesos complexos. Pero, tanto no inicio da programación como durante o desenvolvemento de programas complexos, é probable que necesitemos avaliar a resolución de programas pechados, e non necesariamente teremos que centrarnos na cualificación cuantitativa da tarefa, aínda que este pode ser un elemento a ter en conta nos traballos en grupo, para garantir a aprendizaxe individual.

Aspectos relevantes para avaliar nun programa pechado dependendo da súa complexidade:

Resolución:

Resolve o problema formulado? En que grado de satisfacción? (Aquí pode aplicarse a coavaliación)

Estrutura do código:

moverdereitaAdemais de útil, o código pode ser máis ou menos lexible e ordenado? Está optimizado?.

É nos programas pechados, máis sinxelos, onde debemos insistir na pulcritude á hora de programar como ferramenta importante para programas posteriores.

Unha tarefa necesaria nos inicios da programación (en especial cando pretendamos aprender estruturas novas) é propoñer dous ou máis programas que fagan o mesmo e comparalos, reflexionando sobre a súa optimización. Tamén é un medio para ensinar comandos novos: facer unha tarefa xa coñecida doutro xeito.

Estética e deseño:

Incluso o programa máis sinxelo (debuxar un cadrado de lado 100) pode estar mellor ou peor presentado.

A copia:

No caso de non chegar a unha solución satisfactoria nalgunhas tarefas temos a opción de propor como alternativa a copia: o alumnado pode (e debe!) buscar en programas similares solucións aos seus problemas, adaptándoas e modificándoas no que precise. Por suposto, de entrada isto aumenta o seu nivel de autonomía, pero ademais incentiva a investigación e a exploración, aprendizaxe que pode ser maior que a da mera solución desexada.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


18 Xuño 2014, por Daniel R.P.      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.