Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Presentación

Que é Código Octopus?

Código Octopus é unha fonte de recursos en galego para o profesorado de calquera materia que desexe introducir a programación nas súas clases. Contén material para aprender a programar en Scratch en Educación Primaria e Educación Secundaria.

As nosas propostas didácticas teñen un carácter multi e interdisciplinario, e estamos abertos á colaboración do profesorado para poder dar a coñecer a través desta web outras propostas de traballo con Scratch de áreas e niveis diversos.

Cando e como podo utilizalo?

O ámbito de aplicación das nosas propostas é cando menos 3º ciclo de Primaria, toda a ESO e Bacharelato, aínda que se pode comezar a traballar con Scratch dende cursos inferiores. No diagrama de uso de Código Octopus podes ver como e para que utilizalo. Se buscas tarefas e actividades de Scratch para áreas específicas podes usar as etiquetas ou ir aos estudos.

Que é Scratch?

Scratch é un proxecto do Grupo Lifelong Kindergarten do MIT Media Lab. Permite programar facilmente historias interactivas, animacións, simulacións, xogos, música … todo o que ti queiras. Ademais, dispón dunha extensa comunidade en liña con quen compartir as creacións.

Scratch está deseñado especialmente para idades entre os 8 e os16 anos, pero é usado por persoas de todas as idades. Programando con Scratch aprendemos estratexias importantes para resolver problemas, deseñar proxectos e comunicar ideas.

[Intro to Scratch 2.0 de ScratchEd en Vimeo.]

Licenza de formación

Puxemos en marcha este proxecto durante unha licenza de formación concedida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia no terceiro trimestre do curso 2013-2014.

  • DOG 14 de xuño de 2013: ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.
  • DOG 18 de setembro de 2013: ORDE do 6 de setembro de 2013 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas a funcionarios docentes non universitarios.

Licenza de uso:

Creative Commons By-SA

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


8 Maio 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.