Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Atopa o polbo invisible

Reto:

Scratch 2.0 permite almacenar datos numéricos na nube. O que pretendemos é probar como funciona isto, daquela imos buscar un xogo, engadirlle un cronómetro e rexistrar na nube o mellor tempo acadado, de xeito que calquera poida velo.

Eliximos facelo co xogo “Atopa o polbo invisible” baseado no xogo “Find the Invisible Cow“. Primeiro imos crear o xogo en Scratch, e despois engadirémoslle o rexistro do tempo.

O xogo:

[Scratch: Atopa o polbo invisible]
Guíate polo son para atopares o polbo invisible. Canto máis agudo é,  máis cerca estás. Fai clic co rato cando o atopares.

Podes ver o código completo no propio xogo. Agora só explicamos dous:

Código do polbo:

Código da lupa:

Propostas:

  • Cambia o instrumento por outro que che guste máis.
  • Intenta que sexa algo similar a como fan no xogo orixinal “Find the Invisible Cow” gravando uns berros e substituíndo o instrumento por eles.

 

Cronometramos e almacenamos a mellor marca na nube.

nube1Para facermos o rexistro do tempo imos crear dúas variables: Unha variable normal “tempo” que rexistre o tempo que tardamos en atrapar o polbo cada vez que xogamos, e unha variable na nube “Mellor tempo”, no que se rexistra o mellor tempo acadado ata o de agora. Para crearmos  esta última, eliximos “nube variable (gardado no servidor)”. Veremos como unha vez creada a variable aparece cun pequeno debuxo dunha nube.

[Scratch: Atopa o polbo invisible 2]
Guíate polo son para atopares o polbo invisible. Canto máis agudo é, máis cerca estás. Fai clic co rato cando o atopares.
Premendo na tecla “Record” podes ver o tempo mínimo que se tardou ata o de agora en atrapar o polbo. Se volves premer, agóchase.

Código do polbo:

atopaopolbo2-polbo

Propostas:

  • De momento Scratch só permite almacenar no servidor variables numéricas, e non de texto, pero poderiamos amosar o nome do que conseguiu ese mellor tempo almacenando números. Ocórreseche como?
  • Como farías para rexistrar os 5 mellores tempos?

 

Debedes levar un tempo en Scratch para terdes acceso a este servizo, pois non permite almacenar datos na nube a contas recentemente creadas. Tendes máis información sobre os datos na nube na páxina de preguntas frecuentes de Scratch.

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


Etiquetas: , | 9 Xuño 2014, por María L      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.