Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Estudos

Coa opción de crear Estudos podemos agrupar diversos proxectos para telos todos xuntos nunha páxina. Nun estudo poden colaborar distintos usuarios e usuarias. É unha boa opción para agrupar os traballos dun mesmo centro. En Código Octopus creamos e xestionamos distintos Estudos relacionados coas nosas propostas didácticas:

Estudo de Tecnoloxía

Estudo de Matemáticas

Estudo de Ciencias da Natureza e Coñecemento do medio

Estudo de Artes e Linguas

Estudo de xogos

estudoxogos
Estudo de xogos

Convértete nun xestor  dos nosos estudos

En xeral os estudos teñen un administrador (Manager), que no noso caso é codigooctopus, e todos os xestores (Curator) que desexemos, que se encargan de seleccionar novos programas para incluír nos estudos.

curadores

Calquera usuario ou usuaria de Scratch pode crear os seus propios estudos. Para incluír (ou tamén eliminar)  un programa nun estudo non tes máis que premer na parte inferior do mesmo na lapela de Estudos.

Engadir estudos

Se es profesor ou profesora e  queres participar connosco na xestión dos estudos escríbenos un correo.

 

Outros Estudos:

Por suposto na páxina de Scratch hai outros estudos moi interesantes. Aquí iremos enlazando algúns deles.

Creative inventions

Creative Inventions: Estudo onde resolven problemas que formulan os usuarios e usuarias. A filosofía conectista en acción! :-)

Estudo Design Studio

Estudo Design Studio

Matemáticas:

Ciencias e Tecnoloxía:

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


3 Xuño 2014, por Peregrina Pintos      

One Comment

  1. Pingback: Estudos Scratch | Código Octopus | tecno...

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.