Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Curso de Scratch

Presentación

[Scratch-2016-presentación]

Curso para estudantes:

1. Rexistro na páxina de Scratch

Empezamos por visitar a páxina de Scratch  e premendo no botón Únete a ScratchUnete a scratch

2. Exercicios de quecemento

Lightbot é un xogo online que axuda a aprender o concepto de algoritmo. Imos empregalo como pequeno adestramento antes de poñernos a programar.
progrma lightbot

3. Empezamos a manexar Scratch

Como primeira práctica, para afacerte aos menús de Scratch, crea un escenario cun personaxe que baile por el. Engádelle música se queres e sons…Pon a traballar a túa imaxinación!!!
baile
Podes coller ideas das seguintes propostas de Código Octopus:

4. Programar unha carreira de coches

Agora xa estamos preparados para programar o noso primeiro videoxogo. Sigue as suxestións que te ofrecemos en : A carreira de coches
carreira-de-coches

5. Outras opcións de programación:

Se xa es un experto programador pódeste atrever a facer un dos xogos da presentación do curso para docentes (o xogo do labirinto ou o xogo na nave) ou elixir calquera dos que tendes na sección de xogos no panel lateral, como por exemplo o xogo da pelota na praia.

 

6. Avaliar o teu xogo

A mellor avaliación é sempre xogar, pero se queres que profesionais avalíen o teu proxecto podes probar a empregar Dr Scratch.
DrScratch_logo_main

Curso para docentes (e quen queira):

[Scratch2016-Docentes]

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

7 Outubro 2016, por Peregrina Pintos | 0 comments
     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.