Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Cursos de Scratch para estudantes e docentes

Dado o éxito da xornada sobre Scratch do  ano pasado en Santiago de Compostela, o CPETIG volve organizar novos cursos, esta vez en Vigo, Ourense e Santiago, os días 7, 8 e 15 de outubro respectivamente, e cos que as integrantes de Código Octopus temos o pracer de colaborar como docentes.

Trátase dunha xornada na que a actividade se dividirá en dous cursos simultáneos, un para rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos acompañados dunha persoa adulta, e outro para docentes de educación primaria ou secundaria ou calquera persoa interesada en coñecer a ferramenta Scratch e as súas posibilidades.

Tendes toda a información na web do CPETIG.

Xa está aberto o prazo de inscrición nos cursos de Vigo, de Ourense e de Santiago. Fai clic na imaxe correspondente para acceder.

  • Vigo: 7 de octubre,  de 17:00 a 21:00 h. Sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26.
  • Ourense: 8 de octubre, de 9:30 a 14:00. ESEI. Campus Universitario. Edificio Politécnico.
  • Santiago: 15 de octubre, de 9:30 a 14:00. Cidade da Cultura. Edificio da Biblioteca.

scratchvigo scratchourense scratchsantiago

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

1 Outubro 2016, por María L | 0 comments
     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.