Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

STARgal: Concurso de videoxogos e videopoemas en galego

O martes 10 de maio temos outra cita que une a programación e a lingua galegaSTARgal, organizado polo IES A Cachada, de Boiro, e que pretende reivindicar o uso do galego nas áreas de prestixio como a programación informática.

Trátase dunha competición virtual na que participarán simultaneamente todos os centros de Galicia que o desexen, e que consistirá en dúas probas:

  • RañaSTARgal, unha competición de habilidade e coñecementos a través de videoxogos elaborados polo alumnado de Boiro con Scratch
  • OlloSTARgal, un concurso de videopoemas elaborados con móbil, organizado en colaboración co Festival Audiovisual Escolar Olloboi

Tendes toda a información sobre o evento no blogue de STARgal e podedes seguir toda a información sobre o evento en twitter co hashtag #STARgal

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

6 Maio 2016, por María L | 1 Comment
     

One Comment

  1. Pingback: STARgal: Concurso de videoxogos e videopoemas e...

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.