Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Concurso de programación “Rapaciñ@s”

rapacinosTendes ata o 12 de maio ás 23:00 horas para crear e enviar unha historia contada con Scratch sobre o Día das Letras Galegas ao concurso “Rapaciñ@s”, organizado polo CPEIG coa colaboración de Amtega.

Poden participar grupos de alumnos e alumnas de entre 10 e 14 anos. O xurado valorará o nivel funcional, a implantación de programación e deseño, a finalidade e orixinalidade e a relación coa temática do certame. Podedes consultar as bases aquí (pdf)

Queres ver un exemplo?

[Scratch: Homenaxe a Manuel María]

Animádevos a programar en galego!

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

6 Maio 2016, por María L | 1 Comment
     

One Comment

  1. Pingback: Concurso de programación “Rapaci&n...

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.