Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Ada Lovelace

Hoxe 8 de Marzo parámonos un intre para coñecer a figura de Ada Lovelace,  a primeira persoa que introduciu o concepto de programación, por tanto, a primeira programadora da historia.

Ada Lovelace (filla do coñecido Lord Byron) era unha Ada Lovelacerapaza moi inqueda, polo que súa nai decidiu que recibise clases de matemáticas. Isto levouna a relacionarse con persoas como Charles Babbage que deseñou unha máquina analítica, precursora dos primeiros ordenadores e baseada no tear de Jaquard ). Ada  traduciu ao inglés un artigo sobre a máquina analítica de Babbage para a revista científica Scientific Memoirs, publicado en 1842. Cando llo comunicou a Babbage, este sorprendeuse de que ela mesma non tivera escrito o artigo orixinal, ao que ela replicou que nin se lle pasara pola cabeza (por aquela época as mulleres no adoitaban publicar artigos científicos). Babbage suxeriulle entón que agregase unhas notas ao artigo.

Esas notas chegaron a ser máis importantes que o propio artigo e é nelas onde aparecen as súas principais achegas:  explicou a esencia dos ordenadores modernos (ao conferirlle á máquina de Babbage unha entidade independente das máquinas de calcular), a xeneralización dos procesos que pode realizar a máquina (indicando que pode con todo o que se poida expresar mediante a lóxica matemática) e introduciu o concepto de programa informático (definindo os conceptos de subrutina e de bloques recursivos).

Existe unha linguaxe informática chamada ADA no seu nome desenvolvida entre 1977 e 1984. De aquí ao Scratch …un paso.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

8 Marzo 2016, por Peregrina Pintos | 0 comments
     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.