Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Gravar vídeos dos proxectos scratch

Este fin de ano Scratch ofrécenos unha nova funcionalidade: Gravar vídeos dos nosos proxectos. É unha opción moi interesante para os proxectos que non inclúan interactividade, como historias, animacións, videoclips musicais, etc., pois podemos obter vídeos que logo podemos compartir, subir a youtube ou converter nun gif animado.

Para gravar un vídeo tes que acceder á páxina de edición do teu proxecto e seleccionar Ficheiro -> “Record Project Video”. Despois sairá un menú onde podes seleccionar incluír o son do proxecto, que o recolla do micrófono ou que inclúa o punteiro do rato.

videoscratch1   videoscratch2

Este é un exemplo de vídeo gravado do proxecto “Polbo lanzapelotas” en Scratch:

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

27 Decembro 2015, por María L | 4 Comments
     

4 Comments

  1. Pingback: Gravar vídeos dos proxectos Scratch | te...

  2. Pingback: Gravar vídeos dos proxectos scratch | C&...

  3. Pingback: Gravar vídeos dos proxectos Scratch | Ro...

  4. Pingback: Gravar vídeos dos proxectos scratch | C&...

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.