Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Actividades interactivas

Para o profesorado que queira realizar actividades interactivas hai multitude de ferramentas que nolo poñen moi fácil: Edilim, Ardora, Hot potatoes, etc. pero tamén podemos utilizar Scratch. Que vantaxes e inconvenientes ten fronte a elas?

Realizar un proxecto de Scratch con certa complexidade require un esforzo de aprendizaxe, polo que outras ferramentas poden resultar máis doadas nun inicio. Porén, os resultados que podemos obter con Scratch son moito máis versátiles e son máis facilmente adaptables a todas as necesidades. Con Scratch podemos facer calquera das cousas que nos ofrecen as anteriores ferramentas de autor e moitísimo máis, todo o que nos propoñamos.

Con todo, non debemos abusar en clase deste tipo de actividades interactivas, pois se recorremos moito a elas poden resultar moi aburridas para o alumnado, perdendo a súa eficacia. Desde aquí recomendamos que sexa o alumnado quen deseñe, constrúa e comparta o seu propio traballo, pero nalgunha sesión e para algunha tarefa concreta este tipo de actividades realizadas polo profesorado poden resultar útiles.

En Código Octopus temos algúns modelos de actividades interactivas, que podedes ver na sección de Proxectos:

  • Actividades interactivas: Quen son?becho10:
    Presentamos nesta páxina o traballo duns compañeiros, Luis e Elena, que nos pediron asesoramento para realizalo. Trátase dunha actividade na que debemos introducir correctamente o nome dos animais que van saíndo na pantalla.
    Pode servir de base para realizar calquera actividade na que se pida relacionar unha imaxe co seu nome: material de laboratorio, simboloxía electrónica, vocabulario en inglés, etc.
  • carreirapolbos2Actividades interactivas: Carreira de polbos:
    Nesta páxina presentamos unha actividade para realizar por parellas, a modo de carreira. Cada participante deberá responder correctamente para facer avanzar o seu polbo.
    Igual que no caso anterior, pode servir para realizar calquera actividade na que haxa que responder a preguntas: exercicios de cálculo, clasificación de materiais, especies, palabras, etc.

Se necesitades axuda á hora de adaptar estas actividades ou precisades asesoramento para realizar calquera outra non dubidedes en poñervos en contacto connosco. Botarémosvos unha man con moito gusto..

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

27 Xullo 2014, por María L | 0 comments
Etiquetas:      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.