Código Octopus

Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Crear animacións aplicando a física e as matemáticas

Se exploramos nos proxectos compartidos en Scratch podemos atopar moitísimos exemplos de simulacións de física e matemáticas. Nestes proxectos a física e as matemáticas preséntanse como fins por si mesmos, pois o obxectivo dos proxectos é representar leis físicas ou funcións matemáticas.

Con esta proposta didáctica queremos darlle a volta a isto: Imos utilizar os coñecementos de física e de matemáticas para crear animacións. O obxectivo é crear unha animación xeitosa, e as matemáticas e a física funcionan como medio para obter un resultado concreto, pero non son o fin, van estar agochadas dentro do código. Desta maneira traballamos como se fai na vida real e axudamos a aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas diversos.

Na páxina Simulacións de física e na de Animacións con funcións matemáticas tedes algúns exemplos de animacións pensadas para traballar nun nivel de bacharelato, pero poden facerse milleiros de cousas máis. O ideal sería realizar un traballo interdisciplinario entre as materias de TIC, Física e Química e Matemáticas. Animádesvos para o vindeiro curso?

[Scratch: Unha randeeira improvisada]
Un polbo atopou un cabo solto dunha barca e aproveitou para bambearse un pouco.

[Scratch: O polbo bailarín II]
Un polbo móvese na auga seguindo unha función senoidal cos parámetros A (amplitude), f (frecuencia) e v (velocidade) elixidos ao chou en cada aparición no escenario. y=A· sen(2·pi·f·x)

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

6 Xullo 2014, por María L | 0 comments
Etiquetas: , ,      

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.